JJ Chicolino porá en marcha un plan de acción para retomar a actividade

    incendiofamiliachicolino_100_240909.jpgBOIRO> Tralo incendio do pasado xoves, a intención de Chicolino pasa por continuar coa súa actividade, polo que xa traballa nun plan de acción.

    {flowplayer}barbanza/incendiofamiliachicolino.flv{/flowplayer}

    Visiblemente emocionado ó tratar de explica-lo acontecido, Jorge Fajardo, fillo do propietario da empresa, anunciou a intención de seguir adiante coa actividade económica da factoría que dende hai trinta anos, vén desenvolvendo o seu traballo en Boiro.

    Dende a dirección da empresa JJ Chicolino estase a realizar un plan de acción co que tratar de recupera-la actividade económica o máis axiña posible, un feito que non só garanta a supervivencia do grupo senón tamén a dos seus traballadores.

    Agradecementos

    Dende a empresa JJ Chicolino quixo agradecerse ás forzas da orde pública, especialmente ós equipos de bombeiros, o seu traballo incansable e o esforzo realizado para tratar de extingui-lo lume.

    Do mesmo xeito a firma boiresa extendeu tamén o seu recoñecemento e gratitude cara as Administracións Públicas, que se puxeron dende un primeiro momento a disposición da compañía.

    Redacción Barbanza