Somos Rianxo sorteará un escaparate completo na campaña de San Valentín

RIANXO> ‘Namórate de Rianxo’. Este é o título da campaña posta en marcha pola asociación ‘Somos Rianxo’ para dinamizar o comercio co gallo do San Valentín. Na iniciativa participaron preto de 60 locais de todo o municipio.

A pesar de que non hai un nin un ano dende a constitución oficial da asociación ‘Somos Rianxo’ xa son moitas as actividades desenvolvidas polo colectivo para dinamizar a vida comercial e social da vila. A última, a campaña ‘Namórate de Rianxo’ na que participaron máis de medio cento de establecementos e que chegará mañá á súa fin co sorteo deste espectacular escaparate.

O éxito da campaña foi tal que se esgotaron as preto de 13 mil rifas repartidas entre os clientes dos establecementos participantes. Paralelamente desenvolveron a través das redes sociais o concurso do Prezo Xusto no que aquel usuario que máis se achegue ó importe total do escaparate a sortear recibirá como premio un vale de compra de 50 euros.

Dende Somos Rianxo fan un chamamento á veciñanza a asistir ó sorteo que se celebrará mañá ás dúas da tarde ó carón do escaparate situado na céntrica rúa de Abaixo. Pode que o afortunado se entere en directo do seu premio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí