O PSOE de Noia interésase polas demandas do sector do mar

NOIA> Os socialistas de Noia reuniron a un nutrido grupo de representantes do sector do mar para coñecer de primeira man as inquedanzas do colectivo. Entre outros asuntos, abordaron a preocupación pola autorización de vertidos de San Finx ou a ampliación dos coeficientes redutores na nova Lei de Pesca.

O candidato socialista á alcaldía de Noia mantivo un encontro con representantes do sector do mar, un dos colectivos estratéxicos na economía do municipio. Fran Pérez trasladou a súa postura sobre a autorización de vertidos á mina de San Finx, un procedemento administrativo que consideran cheo de irregularidades e que non ofrece garantías en caso de que se produzan vertidos.

Durante a xuntanza,  abordáronse tamén outros asuntos de especial relevancia para o sector como o regulamento de desembalse de auga na présa do Tambre ou o incremento dos coeficientes redutores que establece a última lei de Pesca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí