O concello apoia a labor desenvolvida polos efectivos de emerxencia

    valoracionmediosextincionincendio_100_250909.jpgBOIRO> As distintas administracións colaborarán na adopción de medidas de axuda para reflotar a empresa sinistrada.

    {flowplayer}barbanza/valoracionmediosextincionincendiochicolino.flv{/flowplayer}

    Segundo o alcalde boirés, Xosé Deira, o obxectivo agora é traballar conxuntamente entre tódalas administracións para poñer solución á situación xerada trala destrución da nave que albergaba boa parte da produción que subministra ó sector pesqueiro, e especialmente bateeiro, da comarca.

    Nos mesmos termos pronunciouse o tenente alcalde, Xoán Xesús Ares, poñendo como exemplo á empresa Congalsa que a pesar de que sufriu un episodio similar hai dous anos soubo saír adiante e reinventarse mellorando mesmo a súa competitividade.

    Os representantes do goberno local coincidiron tamén en defender a actuación dos servizos de emerxencia, saíndo ó paso da polémica xerada en torno á suposta demora dos medios áereos en chegar ó lugar do sinistro.

    Investigación

    Lonxe disto, o grupo parlamentario dos socialistas vén de presentar unha iniciativa pedindo a comparecencia do Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para explicar a suposta lentitude á hora de despregar o dispositivo de emerxencia. Piden ó mesmo tempo que se abra unha investigación sobre a actuación da Xunta xa que din ‘a falta de resposta inmediata tivo como consecuencia a perda total das instalacións da empresa

    Redacción Barbanza