Prisión para José Lafuente, a súa muller, un sobriño e o testaferro

    lafuente100.jpgCAMBADOS> Prisión sen fianza para catro dos nove detidos, e dedicados supostamente ó branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

    {flowplayer}images/salnes/blanqueo.flv{/flowplayer} 

    CAMBADOS> O xuíz de Cambados Juan Carlos Carballal concluíu hoxe a toma de declaracións ós nove detidos pola súa presunta pertenza a unha rede dedicada ó branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico. José Lafuente Martínez, detido o pasado martes na súa residencia de Ribadumia ingresou hoxe no cárcere da Lama, sen fianza, segundo ditou o xuíz.

    A súa muller María Dolores Torres, detida o martes en Ribadumia, tamén dorme hoxe en prisión. Xunto ó matrimonio tamén saíron hoxe esposados do xulgado cambadés outros dous dos detidos. Un deles é o sobriño do suposto cabecilla, Eladio Lafuente Abalde, e o outro é o seu testaferro, Benigno Santos Chantada, músico de profesión.

    A todos eles, o xuíz impútalles os delitos de branqueo de capitais, asociación ilícita, e tráfico de drogas, e no caso de José Lafuente, engádelle ademais o delito de tenencia ilícita de armas, dado que durante o rexistro que fixo a Garda Civil no seu domicilio de Sisán, atopáronse armas bancas e de munición. O xuíz tamén ordenou onte o embargo das contas e bens que estas persoas posúen en Portugal, Suíza, Arxentina, e Bahamas.

    O fiscal non puido solicitar que se lle imputase a Lafuente un delito contra a saúde publica a pesar de ter evidencias de que ese diñeiro procede do trafico de drogas. A droga que se lle incautou nos rexistros era a que tiña para o seu consumo. Trala toma de declaracións dos últimos días, dúas mulleres quedaron en liberdade o martes e hoxe o xuíz deixou libre a un e fixou fianza para outros dous detidos.

    Redacción Salnés