A Confraría do Grove podería estar remodelada antes do verán

    O GROVE> A Confraría do Grove é o pósito das Rías Baixas que maior subvención vai a recibir da liña de axudas para mellorar a productividade dos bancos marisqueiros e para a xestión e vixilancia; algo máis de 184.000 euros. A Confraría do Grove recibirá un total de 184.000 euros en axudas este ano para optimizar a producción dos seus bancos marisqueiros e para mellorar a súa xestión e vixilancia. Estas axudas proveñen da Xunta de Galicia participadas nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca. O Grove leva así unha porcentaxe importante das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar para este ano 2014, que concentran na Provincia de Pontevedra un 80 % das mesmas. Este anuncio facíase público hoxe no local provisional do que dispón a Confraría preto do edificio de seu. Estarán aquí de alugueiro máis tempo do previsto dadas as dificultades que puxo Patrimonio para a continuidade das obras. Uns problemas que poderían estar solventados este mes; o que daría no remate das obras de rehabilitación integral da sé da Confraría Grovense para principios do verán. O Patrón Maior do Grove, Gerardo García, falaba tamén da necesidade de que se celebren tamén eleccións nos pósitos galegos, co fin de que uns comicios asenten a dirección deste pósito de xeito definitivo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/07/obras_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/07/axudas_confraria_grove.mp4{/flowplayer}