‘Adestrar sen pantallas’, o deporte como base para previr as adicións aos móbiles

VILAGARCIA> Nace ‘Adestrar sen pantallas’. Trátase dunha nova experiencia da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca promover o uso saudable da tecnoloxía entre a mocidade. O obxectivo é previr posibles adicións vinculadas á internet, aos móbiles, ás redes sociais ou ás apostas. O programa vaise desenvolver en tres localidades da nosa contorna: Vilagarcía, Cambados e Ribeira. En cada municipio, a fundación conta coa complicidade de clubes deportivos e dos seus adestradores, encargados de promover dende o deporte un uso máis responsable das novas tecnoloxías.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico leva anos poñendo o foco na actividade deportiva como ferramenta para o fomento dos hábitos saudables na mocidade. Un xeito de afastarse do mundo das drogas e outras adicións. Agora, a fundación vai un paso máis alá, co programa ‘Adestrar sen pantallas, gañar en saúde’, co que busca frear o uso cada vez máis temperán dos dispositivos dixitais na infancia e mocidade.

Neste caso, o programa baséase na figura dos adestradores deportivos, para moitos mozos e mozas referentes no seu día a día.

A Fundación vai desenvolver este programa en catro concellos da provincia de Pontevedra: A Estrada, Ribeira, Cambados e Vilagarcía. En cada municipio contarán coa colaboración de distintas entidades deportivas. Cada adestrador encargarase de ofrecer seis sesións á rapazada.

O programa pon o foco nos 12 e 13 anos. Un momento delicado.

O programa piloto vaise implantar en disciplinas como o baloncesto, o fútbol, ximansia e balonmán.