O Extrugasa viaxa a Aviles co único obxectivo de gañar

baloncesto250_061109.jpgVILAGARCÍA> Extrugasa e Establecimientos Otero afrontan esta fin de semana dous importantes partidos ante rivais asturianos. O Xuven no Pombal, ante o segundo na Xeral, o Feve Oviedo mentres que as vilagarciáns despránzanse a Avilés para enfrontarse ó ADBA.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_061109.flv{/flowplayer} 

A racha de catro victorias consecutivas do Extrugasa ponna a proba mañá o ADBA (20:00). Un equipo de metade de táboa pero ben armado, que pode dar algún disgusto ás vilagarciáns.

A moral das de Tito Díaz está polas nubes logo de ter gañado ós últimos dous líderes da competición superando finais apretados. A asignatura pendente agora para Tito Díaz son os partido fóra da casa. O primeiro perdérono en Bembibre e o segundo, pese a gañarlle ó Pabellón, encaixaron 53 puntos ó descanso. Por iso para o técnico lucense é moi importante xogar ó mesmo nivel que o fan en Fontecarmoa.

O perigo das visitantes virá de mans da pivot americana Jerica Watson, que promedia por enriba do dobre-dobre por partido. Ana Boleda, por fóra, unha xogadora que tanto postea como lanza de tres con boa efectividade; e a directora de xogo Mincicova, que tamén presume dun gran lanzamento. Por frear a estas tres pasan moitas das opcións de victoria nun encontro que para Tito Díaz é de vital importancia.

Pese ás molestias sufridas durante a semana por algunas xogadoras, todas están dispoñibles para este encontro.

Na Liga EBA o Establecimientos Otero volve a xogar no Pombal, mañá ás 18:30. Os de Diego Doval non terán enfronte a un rival sinxelo. O Feve Oviedo chega a Cambados segundo na xeral tras ter gañado de xeito consecutivo os seus últimos seis partidos. Un equipo que presume dun gran poderío no rebote e no aspecto ofensivo, de feito é o que conxunto que máis puntos anota por partido con 83 de media.

Redacción Salnés