Os Xóves de Códax reparte os 45.000 euros da recadación deste ano entre cinco entidades sociais

CAMBADOS> Martín Códax fai entrega da recadación dos Xoves de Códax a cinco entidades sociais. En total, a adega entregou 45.000 euros, a repartir entre a Fundación Xoán XXIII, Dano Cerebral Galicia, Párkinson Galicia A Coruña, Art for Dent e Igaxes. Dende a posta en marcha do ciclo dos Xoves, a cooperativa supera xa os 350.000 euros achegados a asociacións e proxectos sociais.

A décimo terceira edición dos Xoves de Códax volveu ser un éxito de participación, pero tamén de recadación solidaria. O ciclo de cinco concertos deste verán organizados por Martín Códax conseguiu recadar 45.000 euros. Este xoves, a cooperativa fixo entrega deses fondos a cinco entidades sociais de distintos puntos de Galicia.

As cinco entidades beneficiarias xa teñen decidido o destino destes fondos. Fundación Xoán XXIII, Dano Cerebral Galicia, por exemplo, para servizos que prestan aos seus usuarios.

Párkinson Galicia A Coruña para equipar o seu  novo centro.

Art for Dent destina esta achega dos Xoves de Códax á investigación.

Por último, IGAXES destinará os fondos a reforzar as súas intervencións en saúde mental, ampliando o acompañamento psicolóxico das persoas usuarias. Poñen un exemplo dun mozo concreto.

Coa achega deste 2026, Martín Códax supera xa unha recadación de 350.000 euros nas trece edicións dos Xoves de Códax.

Ao longo desta edición, a terraza de Martín Códax acolleu cinco noites de música nas que o público puido desfrutar das actuacións de Miguel Lamas & Joaquina; Los Estanques, El Canijo de Jerez & Pablo Lesuit; Natalia Lacunza & Antía Muiño; Xabier Díaz & Pasión Vega; e Ana Moura.