MEAÑO> A adega ATTIS conmemora o seu 25 aniversario. Este martes, organizou en Meaño un acto conmemorativo para repasar este primeiro cuarto de século de traxectoria. Neste tempo, esta adega familiar foi expandindo o seu proxecto, elaborando viños brancos e tintos cun total de 20 marcas. Ademais, está presente a día de hoxe en 25 países.
A adega ATTIS, asentada en Meaño, naceu no ano 2007. Trátase dun proxecto de carácter familiar, cun forte apego ao territorio. O proxecto celebra 25 anos de traxectoria.
Na actualidade ATTIS elabora viños brancos e tintos, tanto dentro como fóra da DO Rías Baixas, cun total de 20 marcas. Os seus viños están presentes actualmente en 25 países e vende o 90 % da súa produción a través do canal Horeca, a través de distribuidores tanto nacionais como importadores.
Este martes organizaron nas súas instalacións un acto para celebrar este 25 aniversario. Alí estivo presente a Conselleira do Medio Rural. María José Gómez destacou o esforzo desta adega por saír ao mundo e conseguir que Galicia e os seus viños estean cada vez en máis lugares. E isto, apunta a conselleira, sen deixar de lado as súas orixes.
Na mesma liña, o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, que destacou que a profesionalización do sector non implica deixar de lado a tradición nin o carácter familiar dos proxectos.
O alcalde de Meaño destacou que a adega permite situar o municipio no mapa. Agradeceu tamén o traballo e riqueza que xeran, incluso máis alá do sector do viño.
Ademais da súa produción no Salnés, ATTIS tamén fai viño no Bierzo. Neste caso, baixo a marca Sangarida.











