VILAGARCIA> O Carril xa presume de escudo. Trátase dunha réplica en pedra da insiginia do antigo concello, que foi instalada na praza da Liberdade, unha vez foi retirado da zona o vello transformador eléctrico. O concello de Vilagarcía investiu neste escudo de 16 metros cadrados uns 17.000 euros. Hai uns meses xa se instalou un semellante en Vilaxoán.
O Concello Constitucional do Carril foi unha realidade administrativa entre 1836 e 1913, ano no que se produciu a fusión con Vilaxoán no concello de Vilagarcía. Agora, a localidade recupera unha parte da súa historia coa instalación dunha réplica en pedra do que fora o seu escudo. Foi instalado na praza da Liberdade, unha vez remataron os traballos de retirada do velloConcello Constituciona. Ocupa unha superficie de 16 metros cadrados e custou uns 17.000 euros.
Dende a asociación veciñal celebran a instalación deste escudo pero, sobre todo, a retirada do transformador que estaba soterrado nesta praza, pola que levaban loitando moito tempo.
Co capítulo do transformador xa pechado, no colectivo lembran que aínda quedan moitas cousas por facer no Carril. Entre outros temas, poñen sobre a mesa a necesaria intervención na avenida de Rosalía de Castro, de titularidade autonómica.
Petición que comparte o alcalde.
Ao mesmo tempo, Alberto Varela pon en valor outros proxectos para o Carril, como a inminente reurbanización das rúas Aduana e Cruz.











