Martín Códax investirá 18,6 millós de euros na ampliación das súas instalacións de Cambados

CAMBADOS> A Xunta declara Proxecto de Interese Autonómico a ampliación das instalacións de Adegas Martín Códax. A cooperativa ten prevista unha actuación que abarca máis de 47.000 metros cadrados, cun investimento de máis de 18 millóns de euros. O proxecto busca adaptar as distintas áreas ao incremento da súa capacidade produtiva. Tamén se habilitarán novos espazos para a área de enoturismo.

A adega Martín Códax vai ampliar as súas instalacións de Cambados. A cooperativa ten enriba da mesa un proxecto que abrangue unha superficie de máis de 47.000 metros cadrados e que, ademais, se traducirá na creación duns 20 novos postos de traballo. O proxecto conta cun investimento de máis de 18 millóns de euros e busca dar resposta ás necesidades da adega ante o incremento da súa capacidade produtiva. Para axilizar os trámites urbanísticos e a súa execución, a Xunta acaba de declarar este proxecto de Interese Autonómico.

Ademais, Martín Códax tamén pon o foco no enoturismo, creando novos espazos para a consolidación desta actividade.

Alfonso Rueda explica que este proxecto de expansión da cooperativa permitirá a Martín Códax facerlle fronte ao seu incremento de produción.

A ampliación de Martín Códax prodúcese nun momento de expansión do sector en canto a volume de produción. De feito, Galicia acaba de pechar a súa vendima máis abondosa dende que hai rexistros, con máis de 80 millóns de quilos de uva recollidas.