A transparencia, segundo piar do programa do socialista Alberto Varela

    VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía continúa a dar pinceladas do que será o seu programa electoral. Se a semana pasada o seu candidato aseguraba que a participación cidadá sería un dos piares da súa xestión, hoxe ven de comprometerse coa transparencia. Para Alberto Varela, a información coa que traballa o concello debe ser pública e accesible.

     

    A transparencia será o segundo piar do programa dos socialistas en Vilagarcía. A semana pasada coñeciamos o primeiro: a participación cidadá.

    Para conseguilo, Alberto Varela xa puxo o seu compromiso sobre a mesa. A elaboración dunha ordenanza de transparencia e accesibilidade na información da administración, que ten como modelo a que xa se aplica no concello de Zaragoza.

    O inventario de bens, instrumentos e convenios urbanísticos, os procesos de selección de persoal ou os orzamentos e contas do concello, tamén se contemplarían nesta ordenanza. Toda esta información tería que estar dispoñible na web da vila.

    O alcaldable socialista recordou, ademais, que xa no 2012 o goberno local votara unha moción sobre a transparencia. Un compromiso que, criticou, non se está a cumprir a pesares da demanda cidadá.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/06/psoe_villa_programa_electoral.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/06/psoe_villa_programa_electoral.mp4{/flowplayer}