Dúas complicadas saídas para Céltiga e Vilalonga

futbol250_111209.jpgSALNÉS> Volve a Terceira despois do parón e vaino facer con Vilalonga e Céltiga xogando fóra casa. Tamén botamos un repaso á Preferente Sur que contará con varios partidos importantes para os conxuntos do Salnés.

O Céltiga viaxa mañá á provincia de Lugo para enfrontarse ó Vilalbés. Será no encontro que abra a xornada ás 16:00 horas. Dous equipos de traxectorias opostas: os lucenses tan só gañaron dous partidos na casa e os da Illa só foron quen de superar lonxe do Salv ador Otero ó pechacancelas Verín. O certo é que tralas dúas victorias consecutivas, sobre todo a do Ourense, o equipo gañou en confianza e quere seguir sumando de tres en tres para tratar de achegarse ós catro primeiros. Pablo Vázquez non poderá contar con Victor Uhía que se perde o partido por sanción.

Ó Vilalonga quédanlle dous partidos neste 2009 e quéreos gañar para rematar a primeira volta o máis lonxe posible do grupo traseiro. A traxectoria dos de Gabi Leis continúa a ser ascendente. Dos últimos once encontros tan só perderon un. O mellor é que para este choque estarán todos a disposición do técnico, e tan só Suso, na parte final da súa recuperación, perderase o partido. Das dez veces que os celestes visitaron o Morrazo, sete puideron traerse algo positivo, polo que históricamente é un campo que se lles dá ben. Un rival de calidade, que mantén con lixeiros trocos o groso do plantel que nos últimos anos estivo ás ordes de Juan Carlos Andrés sempre pelexando polo ascenso. Agora atravesan unha mala xeira de resultados, tan só gañaron un dos sete últimos partidos que disputaron pero aínda así mantéñense coa cabeza e invictos na casa.

Na Preferente Sur o Caselas mide a recuperación do Arousa, que trala victortia no derbi ante o Cambados retomou moral. O equipo precisa enlazar canda menos dúas victorias consecutivas para non desengancharse definitivamente da cabeza. Santos será baixa no eixo da zaga.

O Cambados pola súa parte busca recueperar fóra o que perdeu na casa. Vanno ter que facer con dúas baixas importantes como as de Melo e Edu, ambos sancionados. Enfronte terán a un Cruceiro que presume de ser un dos mellores da categoría defensivamente.

O Portonovo pola súa parte tras dous empates seguidos quere retomar a senda do triunfo para continuar coa súa escalada. O charrúa Nacho será baixa importante no centro do campo na visita ó sempre complicado Celanova.

O equipo máis en forma do Salnés, o Sanxenxo quere darlle continuidade a súa xeira de seis victorias en sete partidos ante un Marín acuciado polo descenso. De gañar colocaríanse de cheo co grupo dianteiro. Diego Blanco será baixa.

Mentres o Ribadumia recibe na casa ó Rápido Bahía. A victoria ante un rival directo como o Nogueira tívolles que dar confianza ós aurinegros para afrontar este partido ante a revelación do campionato.

Redacción Salnés