Inaugúrase o novo campo de fútbol 7 de Paradela

paradela250_280508.jpgMEIS > Dende hai escasos días os veciños de Meis, sobre todo os rapaces, xa poden desfrutar do novo Campo de Fútbol 7 de herba artificial. O Presidente Provincial, Rafael Louzán, inaugurou o domingo esta nova instalación que ven a cubri-la demanda de infraestructuras deportivas na vila.

O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o alcalde de Meis, José Luis Pérez, asistiron o domingo ó acto de posta en funcionamento do campo de fútbol de céspede artificial de Paradela, en Meis.

Un campo máis que forma parte dos 70 que a Deputación porá en marcha ante do remate da vixente lexislatura. Este de Paradela, a diferencia dos demais, será de fútbol 7, cunhas dimensións de 60×40 xa que non se dispoñía de espacio suficiente como para levar a cabo a construcción dun de fútbol. 

Ademais instaláronse porterías axeitadas, un xogo de bandeirolas de córner e bancadas para suplentes. O campo terá canaletas para a recollida de augas e rego automático.

O pavimento está dotado de novidosos materiais de fibra e recheo de material termoplástico, que substitúe ó habitual caucho para outorgarlle unha maior elasticidade.

Redacción Salnés