Pontevedra presenta a candidatura para o Europeo de Triatlón 2011

triatlon250_250609.jpgPONTEVEDRA> A cidade de Pontevedra presentará a súa candidatura para acoller en 2011 o Campionato de Europa de Triatlón. O Concello defenderá o proxecto o vindeiro xoves en Holanda e confía en que ó día seguinte reciban boas novas. O alcalde lembra o éxito das últimas probas celebradas na cidade.

{flowplayer}images/salnes/triatlon250609.flv{/flowplayer}

Pontevedra defenderá o vindeiro xoves en Holanda a súa candidatura para acoller o Campionato de Europa de Triatlón en 2011. A tenente de alcalde Teresa Casal e maila edil de Deportes presentarán o proxecto, que terá como rival a cidade checa Karlovy Vary. O Concello cre que ten posibilidades, máxime polo éxito das últimas probas da Copa de Europa que acolleu a cidade. Precisamente, o carácter urbano da proba será, para o concello, un punto a favor. Noutros campionatos os circuítos adoitan estar fóra da cidade.

Pontevedra vai avalada polas Federación Española e Galega de Triatlón, polo goberno central, pola Xunta, pola Deputación de Pontevedra, e por triatletas de elite como Javi Gómez Noya e Saleta Castro. E ademais conta co apoio de toda a corporación municipal. Segundo indicou o Concello, un campionato coma este podería traer á cidade a máis de 2.500 triatletas.

Redacción Salnés