VILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria remitirá ó avogado do Estado a documentación para coñecer as consecuencias da sentencia contra o Liceo …
… Casino da localidade.
Esta sentencia anula os acordos da asemblea do Liceo, do 26 de xuño de 2009, na que se facultou ó presidente Álvaro Paz para aceptar en nome da entidade as condicións de outorgamento da concesión das dársenas 2 e 3 e zona de terra á UTE Liceo Casino–Incat. Unha resolución que podería por en perigo o proxecto do novo porto deportivo, que implica un investimento de máis de 11 millóns de euros, financiados ó sesenta por cento por Incat e ó corenta por cento polo Liceo.
Sen embargo, esta mesma tarde, o presidente do Liceo Álvaro Paz comunicoulle esta mesma tarde ó Porto que esta sentenza non afectará ó proxecto. Paz explicou a Canal Rías Baixas que segue vixente un acordo anterior ó anulado no que se lle outorgaron poderes ó presidente para o desenvolvemento deste proxecto e que a asemblea anulada xa non era precisa.
A sentenza chega nun momento delicado, xa que os prazos administrativos sobre esta concesión están a piques de rematar. O pasado 25 de xaneiro o Consello de Administración do Porto fixou un prazo de quince días para que se entregue a totalidade do aval requirido no concurso, uns 560.000 euros, dos que quedan pendentes 250 mil. Álvaro Paz asegura que van cumprir os prazos, a pesar das complicacións que poidan ter por mor da crise económica actual.
Redacción Salnés