Unha familia desaloxada por mor dun incendio na súa vivenda

    incendio_cornazocopy.jpgVILAGARCÍA> O incendio produciuse onte ó redor das seis da tarde nunha casa situada na parroquia de Cornazo. Non houbo que lamentar danos persoais.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_CASA_CORNAZO.flv{/flowplayer}

    A casa está situada na parroquia de Cornazo no concello de Vilagarcía. Ó parecer o lume orixinouse  ó redor das seis da tarde no tiro da cheminea da cociña e propagouse de seguido pola cámara da casa.

    Nese momento, a familia atopábase no interior da vivenda axenos ó que alí acontecía. Foron unhas chispas as que os alertaron e deron, de seguido, a voz de alarma ós Bombeiros do Salnés.

    Debido a que as lapas non se asomaron nin polas fiestras nin polo tellado provocou que dúas horas despois de ser alertados, os Bombeiros aínda traballaban para localizalo lume. Finalmente orixinárase no tiro da cheminea da cociña e propagárase por toda a cámara da casa. Mentres, os efectivos extinguían o lume, a familia seguiu desde fóra, atónita, o que alí estaba acontecendo.

    Os bombeiros mesmo tiveron que abrir boquetes na parede e rompelo tellado para poder introducilas mangueiras. A principal preocupación estaba no tellado, de madeira, pero afortunadamente non chegou a arder. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais.

    Redacción Salnés