O catamarán Gran Cormorán realiza mañá a súa primeira viaxe

    catamaran copia100.jpgVILANOVA> Trátase dun novo proxecto turístico para Vilanova que tal e coma explicaron os seus propietarios, pretende dinamizalo turismo da vila.

    {flowplayer}images/salnes/CATAMARAN_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Este sábado será a inauguración oficial deste Catamarán coa súa primeira viaxe ata a Pobra do Caramiñal. A partires de entón esta embarcación, bautizada co nome de Gran Cormorán Jet, realizará viaxes entre a Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa os domingos e os luns. Con este proxecto turístico, os seus propietarios pretenden dinamizalo turismo de Vilanova.

    Ademais, este catamarán tamén ten programado outras dúas rutas que farán en función da demanda. Trátase da ruta mariñeira e a Xacobea. No primeiro caso, o mínimo de persoas é de vinte e no segundo de trinta.

    Todos aqueles interesados en participar nalgunha destas rutas poden atopar máis información no Porto de Vilanova ou no propio catamarán.

    Redacción Salnés