Caldas renovará o entorno da igrexa de Santa María nos terreos cedidos pola Garda Civil

CALDAS> O concello de Caldas humanizará a contorna da igrexa de Santa Mariña. A Garda Civil cederá ao municipio 400 metros cadrados do seu cuartel para acometer as intervencións. Na zona construiranse beirarrúas, unha praza pública e aparcadoiros.

A contorna da igrexa de Santa Mariña en Caldas verase totalmente renovada co desenvolvemento de diferentes proxectos. O concello acometerá melloras na zona para darlle un aspecto totalmente renovado. Isto será posible grazas á cesión por parte da Garda Civil de 400 metros cadrados do seu cuartel.

Na travesía de Doña Urraca ampliaranse as beirarrúas. Nesta rúa que une a PO 550 coa estrada de deputación, tan só hai beirarrúas nun dos seus costados.

Os terreos do cuartel da Garda Civil tamén será aproveitados para a construción dunha praza que dignifique a entrada do camiño de Santiago na vila. Estas intervencións serán financiadas pola deputación de Pontevedra cuns investimentos superiores aos 400 mil euros.

Outro dos proxectos que poden ter lugar na zona é a construción do novo centro médico. O concello ofertou ao Sergas un terreo na parroquia que, en principio, cumpre con todos os requisitos.

Con todas estas actuacións, a parroquia de Santa María presentará unha aspecto totalmente diferente e converterase nun dos núcleos máis importantes do concello de Caldas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí