Lambríaca Teatro inaugura o Ciclo de Teatro de Primavera

benito_bienvenido100.jpgVILAGARCÍA> Lambríaca Teatro e a Concellería de Cultura vilagarciá presentaron esta mañá o Ciclo de Teatro de Primavera.

{flowplayer}images/salnes/benito_bienvenido.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Lambríaca Teatro e a Concellería de Cultura vilagarciá presentaron esta mañá o Ciclo de Teatro de Primavera.

‘Benito Bienvenido. O Casting’ é a obra que inaugura o ciclo de teatro galego. Segundo o edil de Cultura Xosé Castro Ratón, a obra de Lambríaca fai de perfecto fío condutor entre o ciclo de monólogos e o de teatro galego, por ter unhas características especiais.

O director de Lambríaca Teatro, o tamén actor Xosé Manuel Conde, conta que Benito, o protagonista, era un poeta amigo que faleceu e, na obra, un home que soñaba con ser actor e tiña un amigo que soñaba con ser director de teatro. Este conseguiu o seu obxectivo, `pero benito non acadou á axuda que esperaba del, así que logo de trinta anos… presentouse a un casting.

Segundo o edil de Cultura Xosé Castro Ratón, a aposta polo teatro no Auditorio é de moito nivel. A ‘Benito Bienvenido’ seguiranlle ‘Shakespeare para ignorantes’, da compañía Mofa e Befa, ‘A pensión’ de Redrún Teatro e ‘Testosterona’ de Chévere.

Redacción Salnés