A remodelación da fachada marítima de Porto do Son podería adxudicarse a finais de ano

PORTO DO SON> O executivo sonense vén de remitirlle a Portos de Galicia o proxecto para a súa avaliación. A actuación, unha vella aspiración dos distintos gobernos municipais, ascendería a uns 4’5 millóns de euros. Despois de anos de espera, debido á crise e á falla de investimentos, un feito que provocou que o proxecto estivera paralizado durante un tempo, a remodelación da fachada marítima de Porto do Son será en breve unha realidade. Ou iso é o que agarda o executivo local despois de comprobar a dispoñibilidade da Xunta a poder financialo. O goberno sonense xa remitiu o proxecto a Portos de Galicia para a súa estudo e análise e ver da súa viabilidade. Segundo o alcalde, Luís Oujo, a actuación que abarcaría o espazo existente entre o peirao e a zona do Cruceiro, podería estar xa adxudicada a finais deste ano, sempre e cando se cumpran os prazos previstos. En palabras do propio rexedor sonense será un cambio importante na fisonomía de Porto do Son, tratando de integrar o porto co núcleo urbano, dándolle ademais prioridade á xente fronte ós vehículos.