Máis de un millón de euros para mellorar as zonas do rural

    juarez_copia100.jpgSALNÉS> O conselleiro de Medio Rural, asinou onte con 15 alcaldes da Provincia de Pontevedra, os convenios do PEIM rural 2009-2010. Estes acordos contribúen a arranxar as deficiencias nalgunhas zonas rurais.

    {flowplayer}images/salnes/JUAREZ_EN_BARRO.flv{/flowplayer}

    O obxectivo fundamental destes convenios, é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación residente nas zonas rurais, así como arranxar as deficiencias que persisten en determinadas áreas de Galicia. O importe total dos quince convenios asinados, ascende a preto de un 1.165.000 euros, procedentes de fondos estatais do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que son xestionados pola Xunta.

    Samuel Juárez sinalou que estas partidas corresponden ó ano 2009, pero que non foi ata principios deste ano cando se recibiu a transferencia dente as administracións estatais. O conselleiro espera que para este ano, o executivo central volva destinar novos investimentos para as zonas rurais galegas.

     A colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e a Xunta de Galicia, permite levar a cabo actuacións de desenvolvemento rural e unha cooperación en materia de infraestructuras.

     Redacción Salnés