Portonovo, Sanxenxo e Arousa non ceden na loita polo ascenso

futbol250_220310.jpgSALNÉS> Mala xornada na Terceira coas derrotas pola mínima e a domicilio de Vilalonga e Céltiga. Na Preferente Sur Portonovo, Sanxenxo e Arousa gañaron e continúan enganchados á loita polo ascenso.

Fin de semana moi positiva para os equipos do Salnés que loitan polo ascenso á Terceira. Gañaron todos eles.

En Baltar o Portonovo impúxose a un rival directo como o Arenteiro (1-0). O partido resolveuse dende o punto de penalti: Óscar Guimeráns non errou para os locais na primeira metade mentres que na segunda, Solla detívolle un lanzamento dende os once metros a Martín, permitindo que os puntos quedaran na casa. Os de Rial continúan segundos, en postos de ascenso.

A catro puntos desa praza sitúase o Sanxenxo, sexto na táboa. Os de Calucho venceron onte pola mínima ó pechacancelas Nogueira de Ramuín (1-0) grazas a un solitario tanto de Fontán ó filo do descanso.

A cinco do ascenso e cun partido menos está o Arousa que onte completou un dos mellores encontros da temporada. O rival era o Barbadás, outro equipo da zona noble, pero que pouco puido facer ante o caudal ofensivo dos vilagarciáns, que estiveron moi acertados en tódolos aspectos do xogo. Zaca na primeira parte, e Pablo e Nelo na segunda, fixeron os tantos locais (3-0).

Esta fin de semana deixounos un derbi moi entretido en Burgáns. Álex, Ramón e Berto puxeron 0-3 ó Ribadumia en 23 minutos, pero na segunda parte, empatou o Cambados, con actuación destacada de Javi Sánchez, que fixo dous goles, un deles de penalti. Os visitantes saíron moi descontentos coa actuación arbitral tras rematar con nove xogadores sobre o terreo de xogo.

MALA XORNADA NA TERCEIRA

Esta non foi unha boa xornada para Vilalonga e Céltiga, ambos caeron a domicilio e por indéntico resultado, 1-0. Os da Illa ante o Negreira despois de realizar un gran encontro, ser superior ó seu rival pero non materilizar as ocasións de gol. A única que tivo o cadro local, convertíuna Capelo ós 10 minutos da reanudación. O Céltiga tivo que xogar toda a segunda parte con dez tras una expulsión rigurosa de Cardeñosa. O colexiado tampouco deu validez a un gol legal dos de Antonio Gómez que puido darlles o empate.

Quédanse onde estaban, nunha situación complicada para salvarse. Tampouco puido gañar o Vilalonga que caeu en Vilalba. Os de Gabi Leis volveron a sufrir de falta de acerto de cara ó gol e pese a mellorar con respecto ó encontro de Somozas volvéronse con outro resultado negativo, polo que sigue sen atar a permanencia aínda que a súa situación na táboa é cómoda.

Redacción Salnés