O PSOE esixe que o POL non afecte ós concellos adaptados á Lei do Solo

    charlapolpsoe_210410.jpgPOBRA> O PSdeG solicitará no Parlamento a prórroga da moratoria dos cincocentos metros de protección do litoral.

    {flowplayer}barbanza/charlapolpsoe.flv{/flowplayer}

    Foron moitos os veciños que se deron cita no salón de actos do ISM para asistir á charla convocada polo PSOE da Pobra sobre o Plan de Ordenación do Litoral. Os deputados autonómicos, Mar Barcón e Xosé Manuel Lage, expuxeron a visión dos socialistas sobre o documento elaborado pola Xunta ó que cualificaron de escuro e farragoso ademais da inseguridade xurídica que establece.

    Por estes motivos, dende o PSdeG solicitarán a prórroga da protección dos cincocentos metros de protección do litoral posto que non sería razoable tomar decisións en virtude dun plan que presenta numerosos erros e xerou unha gran contestación social por parte dos concellos.

    No caso concreto da Pobra, os socialistas solicitarán que tanto este como os demais concellos cos Plans Municipais adaptados á normativa urbanísitica non teñan que modificalos en función do Plan de Ordenación do Litoral.

    Neste sentido, o deputado Xosé Manuel Lage instou ó alcalde da Pobra a defender os intereses dos seus veciños en lugar de pregarse ós ditados dun goberno autonómico que comparte a súa mesma cor política.

    Esa posición construtiva pasa precisamente por manter a sostenibilidade do territorio de xeito compatible cun desenvolvemento urbanísitco ordeado.

    Redacción Barbanza