Os islandeses de intercambio na Pobra non poden voltar pola nube de cinza

    islandeses_100_200410.jpgPOBRA> Un grupo de alumnos islandeses continúan sen poder voltar á súa casa por mor da nube de cinza derivada da erupción do volcán Eyjafjalla.

    {flowplayer}barbanza/islandeses.flv{/flowplayer}

    Tiñan que estar de volta o pasado domingo pero a erupción dun volcán no seu país impediu o regreso deste grupo de vinte alumnos, dous mestres e tres pais. Levan na Pobra dende o xoves día oito no marco dun programa de intercambio co instituto Francisco Barreras. A súa estancia na vila barbanzá tivo que prolongarse por mor das restriccións no espazo aéreo ocasionadas pola nube de cinza.

    A pesar do desgusto inicial, o esforzo da comunidade educativa da Pobra para facelo sentir como na casa, conseguiu facer máis levadía a espera.

    Volta inminente

    Se todo marcha ben, semella que poderán iniciar o seu regreso a casa mañá, cando partirán en autobús cara Alicante de onte está previsto que saían en voo directo ata Reikjiavik. Unha vez na capital islandesa, deberán tamén facer por vía terrestre o traslado á cidade de Akureyri, de onde proceden. Agardan poder seguir o itinerario previsto aínda que temen novas cancelacións que sigan a demoran o retorno.

    Mentres tanto, á espera de poder regresar os alumnos participan en diferentes actividades programadas polo instituto pobrense. Tamén reciben tarefas académicas por correo electrónico dos seus mestres islandeses empeñados en que non perdan máis clases a pesar desta prolongación obrigada das súas vacacións, coa que máis de un semella estar encantado.

    Redacción Barbanza