![]()
RIBADUMIA> As obras teñen un investimento de 811.000 euros. O organismo provincial pechou o tráfico na citada ponte para poder iniciar as obras.
{flowplayer}images/salnes/PONTE_BARRANTES.flv{/flowplayer}
A Deputación está á espera da obtención dun permiso de Costas, de telo concedido, a ponte permanecerá cerrada ata o remate das obras. No caso contrario, executará tan só unha primeira fase do proxecto, que consiste no reforzo da cimentación para a posterior asentamento da ponte.
Ó concurso presentáronse 25 empresas e o proxecto do traballo foi ampliado na súa partida económica, pois inclúe tamén un tramo de urbanización da rúa en dirección cara Cambados. Por este motivo, o proxecto pasou dos 600.000 euros inicialmente presupostados a máis de 1 millón de euros. Para acometer a obra, Covsa gañou o concurso cunha oferta á baixa de 811.000 euros.
A ponte de Barrantes ten na actualidade un ancho de plataforma de só 6,25 metros e presenta un grave deterioro para o tráfico rodado, a causa do estado das súas vigas. O proxecto de reforma, acometerá unha renovación total da estrutura da ponte, reforzando a cimentación das pilas mediante a construción de macropilotes de 150 toneladas. A Deputación instalará 6 vigas tipo artesa de 15 metros de lonxitude cada unha.
A calzada definitiva terá 7,4 metros de ancho con dúas beirarrúas de 1,8 metros de ancho ó longo de 300 metros lineais. Instalaranse tamén 16 farois mixtos de madeira e fundición e 8 focos proxectores para iluminar a estrutura da ponte.
Os traballos encargados pola Deputación de Pontevedra, inclúen así mesmo a construción dunha barreira de seguridade para os vehículos, unha varanda de protección peonil de 80 metros lineais, o acondicionamento da área recreativa colindante e a adaptación do trazado para favorecer a visibilidade.
Redacción Salnés









