O goberno central asumirá a ampliación e mellora de Neixón

    delegadogobernoboiro_100_030909.jpgBOIRO> O Delegado do Goberno en Galicia anunciou varios proxectos para mellora-lo patrimonio medioambiental no bordo litoral do concello.

    {flowplayer}barbanza/delgadogobernoboiro.flv{/flowplayer}

    O Delegado do Goberno en Galicia realizou unha visita institucional ó concello de Boiro. Ás portas da casa consistorial foi recibido polas autoridades locais, entre eles o alcalde, Xosé Deira, e o tenente de alcalde, Xoán Xesús Ares.

    Unha vez dentro do concello dirixíronse ó salon de plenos onde tivo lugar un pequeño acto institucional. As autoridades boiresas convidárono a asinar no libro de honra do concello e fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa en recordo da visita realizada.

    Ampliación do centro arqueolóxico

    Posteriormente a comitiva desprazouse ata o Centro Arqueolóxico do Barbanza, ubicado no lugar de Neixón. Alí o Delegado do Goberno anunciou a ampliación das instalacións. Un proxecto que financiará integramente o Ministerio de Cultura e que se atopa pendente unicamente do permiso da Dirección Xeral de Urbanismo para a súa execución. Esta actuación permitirá ampliar considerablemente a capacidade de acollida do centro.

    Recuperación do litoral

    Antón Louro anunciou tamén outra actuación que se desenvolverá neste enclave. Trátase da recuperación medioambiental e posta en valor do entorno costeiro dos castros. Unha obra que será acometida polo Ministerio de Medio Ambiente por valor de máis de 359 mil euros e que está pendente de licitación.

    Este proxecto vén a sumarse a outras actuacións xa realizadas ou pendentes de realización relacionadas coa recuperación do bordo litoral do municipio como é o caso da rexeneración da praia de Barraña, a recuperación do esturario do río Coroño, a mellora do litoral de Punta Esteiro a Careixo e Mañóns, esta última pendente de redacta-lo seu proxecto. 

    Creación de emprego

    O delegado do Goberno na súa visita a Boiro tamén aludiu ós proxectos financiados con cargo ó Fondo Estatal de Investimentos Locais qe se están a desenvolver en Boiro. Así destacou a contratación dunhas 98 persoas para a execución dos catro proxectos aprobados neste municipio como son a creación dunha nave industrial destinada a alberga-los talleres e almacéns dos servizos municipais e o centro de formación e viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeria, así como a construción dun aparcamento público na zona da Avenida de Barraña e a pavimentación e mellora de servizos no Camiño Real.

    Durante a súa visita a Boiro o Delegado do Goberno en Galicia anunciou a convocatoria dun segundo plan de investimentos para os concellos.

    Antón Louro tamén aludiu ás posibilidades reais que ten Boiro de poder contar en breve cunha oficina do Rexistro da Propiedade.

    Redacción Barbanza