O fiscal pide un ano de prisión para o alcalde de Rianxo por suposta prevaricación

    tallerpedraramos_230410.jpgRIANXO> A Fiscalía de Medio Ambiente solicita un ano e dous meses de prisión para o alcalde e catro edís por un suposto delito de prevaricación.

    {flowplayer}barbanza/tallerpedraramos.flv{/flowplayer}

    No escrito de acusación, o fiscal solicita un ano e dous meses de prisión para o rexedor socialista, Pedro Piñeiro, e os edís, Marisa Resúa, José Vicente Figueiro Carou, Jesús Piñeiro e Santiago Fernández. Así mesmo solicita inhabilitación especial para cargo público de oito anos para os catro concelleiros que no caso do alcalde elévase a dezaoito anos. Para o empresario solicitaun ano e tres meses de prisión por un delito contra a ordenación do territorio e outros nove meses por un delito de desobediencia.

    Os feitos, obxecto da causa que se está a instruír no xulgado número 1 de Padrón, remóntanse ó ano 2000 cando se concedeu a licenza para a construción dunha nave industrial no lugar de Seredal, na parroquia de Asados.

    De acordo coa normativa urbanística vixente daquela, as únicas construcións permitidas nesa parcela eran vivendas unifamiliares ou instalacións agropecuarias cunha ocupación máxima do quince por cento da parcela e altura de seis metros e medio.

    Aínda así, o alcalde e os catro edís, de acordo co propietario da nave votaron a favor da concesión da licenza co pretexto legal de encadrala como unha construción relacionada coa explotación dos recursos naturais.

    Sostén no seu escrito que o propietario nunca chegou a desenvolver a actividade pola cal se concedeu a licenza e que a extracción de pedra non estaba autorizada nin prevista. Sinala ademais que o inicio da construción da nave foi anterior á concesión da licenza.

    Suspensión licenza

    A propia Xunta de Galicia denegara a autorización previa para construír en chan rústico por entender que a nave non tiña un fin de interese xeral. Sen embargo, en outubro do 2000 o goberno concedeu a licenza desoindo o requirimento da Xunta. En febreiro de 2003, o Xulgado do Contencioso Administrativo número catro da Coruña anulou a licenza , sentenza que ratificou o TSXG en 2006. 

    A pesar de ter coñecemento das resolucións, o concello non decretou o cese da actividade ata marzo de 2007 cando se iniciaron as dilixencias por parte da Fiscalía de Medio Ambiente. A partir desta data, o propietario da nave proseguiu coa actividade a pesar de ser requirido polo concello en varias ocasións.

    Redacción Barbanza