![]()
VILAGARCIA> Logo de que onte o Secretario Provincial de Organización do Partido Popular en Pontevedra dese a coñecer as datas dos…
{flowplayer}images/salnes/23042010_partido_popular.flv{/flowplayer}
… congresos internos do PP en distintos Concellos en Vilagarcía volveron a dispararse as quinielas. O primeiro en presentarse a voceiro local desta formación é Tomás Fole, que aposta pola súa continuidade no cargo. Fole valorou moi positivamente a convocatoria destes comicios internos do PP fixados en Vilagarcía para a tarde do 12 de xuño.
O actual voceiro do PP en Vilagarcía volve a presentarse a reelección posto que entende que é a continuidade é a opción máis lóxica e viable logo de varios anos de traballo desde o Concello. Nestas eleccións internas, Fole intentará contar co apoio das bases e das distintas esferas do partido; en contra do ruxe-ruxe popular, entende que conta con boa predisposición nos distintos estamentos do partido. Agarda tamén que lles sexan tidos en conta os últimos resultados colleitados nas pasadas eleccións europeas e autonómicas.
Fronte a outras posibles candidaturas, o popular insta a que se fagan públicas as pretensións dos demais posibles candidatos para evitar a ruptura da unidade do Partido Local. Entre os nomes que soan con máis forza para optar a este mesmo posto destaca o do actual presidente do Porto, Javier Puertas, con quen nos foi imposible falar ata a hora de peche deste informativo.Fálase tamén da Deputada Autonómica Marta Rodríguez Arias, como posible candidata á alcaldía polo PP. Polo de agora, Fole aposta polo seu traballo, ilusión e ideas claras do seu equipo para facer fronte á mediocridade do actual executivo vilagarcián.
Dá por seguro que a alcaldía estará a tiro nas próximas eleccións e para chegar a elas está disposto a agregar a IVIL nas súas listas, aínda que non precisou en qué postos. Mañá ás oito da tarde, o Presidente do PP provincial, Rafael Louzán, reunirase en Vilagarcía ca xunta local deste partido.
Redacción Salnés







