Dous mil socios da FEB beneficiaranse das condicións vantaxosas de ABANCA

    BOIRO> A Federación de Empresarios do Barbanza vén de renovar o convenio de colaboración con ABANCA. Os asociados obterán vanatxes á hora de contratar pólizas de crédito. Beneficiaranse tamén do programa Cero Comisións e de condicións especiais nos terminais dos puntos de venda para os comerciantes. Máis de dous mil empresarios das patronais integradas na Federación de Empresarios do Barbanza beneficiaranse das condicións vantaxosas que contempla este convenio para a circulación de crédito. Búscase que tanto as pemes como os autónomos conten con ferramentas ó seu favor para botar a andar novos proxectos ou consolidar os que xa están en marcha. Os asociados soamente deberán acreditar a súa pertenza á Federación para beneficiarse dos distintos programas nos que se inclúen non só as pólizas de crédito, circulante ou os avais, senón tamén condicións especiais nas TPV para o comercio que posibilitan mesmo o pago fraccionado para os clientes. Outra das vantaxes que ofrece a banca para os asociados é o programa cero comisión que permite a exención do pago destas cotas cunha mínima vinculación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/02/sinatura_convenio_feb_0209151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/02/sinatura_convenio_feb_020915.mp4{/flowplayer}