Aparece morta a muller boiresa que levaba dous días desaparecida

    desaparecidaboiro.jpgBOIRO> Carmen Lago, de setenta e seis anos, foi atopada por un camiñante tirada nunha leira do lugar da Agra.

    A noticia conmocionaba a parroquia boiresa de Escarabote, onde residía Carmen Lago nunha vivenda do lugar de Escarbotiño. A muller moi coñecida entre a veciñanza, foi vista por derradeira vez o martes ó mediodía paseando soa polas proximidades do seu domicilio.

    O ver que non regresaba a súa vivenda, unha veciña que a coidaba, denunciou a súa desaparición o seguinte día. A partir dese momento púxose en marcha un operativo de busca no que tomaron parte a Garda Civil, Protección Civil e o Grumir boirés axudados por veciños de Lámpon. A busca non obtivo resultados positivo. Sería o mércores á mañá cando un veciño que paseaba polo lugar coñecido como a Agra o que descubriu o cadáver nun leira.

    {flowplayer}barbanza/desaparecidaboiro.flv{/flowplayer}

    De momento, e a espera de que se lle realice a autopsia, ninguén se explica porque Carmen se desprazou ata ese lugar, situado a máis dun quilómetro do seu domicilio. O cadáver non presentaba sinais de violencia e a hipótese que se baralla e que a muller se desorientara durante o paseo e poidese ser vítima dun golpe de calor.

    Busca suspendida

    Por outra banda, a Garda Civil suspendeu a busca do veciño de Lousame, Carlos Gómez Mayán, que falta da súa casa dende hai xa tres semanas. O home, de sesenta anos e residente na aldea do Castro foi visto por última vez durante durante a celebración da feira medieval de Noia.

    Redacción Barbanza