Crebamar amplía as súas instalacións coa inaguración dunha cetárea en Esteiro

MUROS> A empresa Crebamar amplía as súas instalacións coa apertura dunha cetárea e unha depuradora en Esteiro. O Conselleiro do Mar asistiu á inauguración da nova nave destacando a súa aposta pola innovación.

Xa están operativas as novas instalacións da empresa muradá Crebamar que este sábado abrían as súas portas nun acto de inauguración moi concorrido. Ademais dos responsables da firma ‘Acuicultura do Atlántico’, unha empresa familiar dedicada ó cultivo do mexillón asistiu á apertura da nova depuradora unha ampla representación política.

O actual Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e a súa antecesora, Rosa Quintana destacaron a gran aposta de Crebamar pola innovación, incorporando a máis avanzada tecnoloxía, para optimizar a comercialización dun recurso clave para a industria galega.

Nos mesmos termos se pronunciou a alcaldesa de Muros quen agradeceu as iniciativas dos emprendedores por dinamizar a economía local para combater o despoboamento.

Coa apertura desta cetárea, a empresa fundada en 1974, chega xa á súa terceira xeración da man do actual patrón maior de Muros e presidente da federación provincial de confrarías da Coruña, Daniel Formoso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí