SALNÉS/BARBANZA> Os nacionalistas consideran que a convocatoria de eleccións a Alberto Núñez Feijjo venlle ditada por Rajoy dende Madrid.
{flowplayer}barbanza/valoracionbngadiantoelectoral.flv{/flowplayer}
A pesar de non pasar tampouco polo seu mellor momento, despois de vivir unha loita interna que provocou a marcha de numerosos militantes e simpatizantes da formación frentista, dende o BNG consideran que están tranquilos e que afrontan esta etapa coa maior tranquilidade posible, sabedores de que a formación ten propostas que realmente poden supoñer unha solución á crise, obtendo así o respaldo maioritario dos galegos.
Dimisión
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, voceiro dos nacionalistas no Congreso dos Deputados xa anunciou que presentará a súa dimisión nas próximas semanas para dedicarse en corpo e alma a preparar estes comicios. Como xa se sabía o seu posto será ocupado pola portavoz do BNG na Pobra do Caramiñal, Rosana Pérez.
Redacción Barbanza