Falece unha muller ó tentar apagar un incendio en Outes

falecida.jpgOUTES> Unha veciña do lugar de Sacido faleceu previsiblemente asfixiada cando intentaba apaga-lo lume a carón da súa casa .

{flowplayer}barbanza/falecidaoutes.flv{/flowplayer}

A falecida, Carmen Paz, de 69 anos e que residía soa na súa vivenda, foi atopada por efectivos da brigada contra incendios da Consellería de Medio Ambiente que se achegou ata o lugar para proceder á extinción do incendio.

Nada máis chegar á zona e inicia-las labores de extinción os membros da cuadrilla atopáronse coa desagradable sorpresa.

Queima non autorizada

Aínda que a investigación está en marcha, todo apunta a que a vítima se atopaba realizando unha queima de restrolllos nos terreos da súa propiedade próximos á súa vivenda.

Dase ademais a circunstancia que a falecida sufría unha doenza respiratoria, polo que podería ter sufrido un desvanecemento e caer sobre o lume ó intentar apagalo.

Ata o lugar do suceso, ademais do operativo de Medio Rural, desprazouse unha patrulla da Garda Civil e da Policía Local de Outes.

Redacción Barbanza