A POBRA> Un nutrido grupo de especialistas e investigadores pasará polo Cine Teatro Elma durante os días 26 e 27 de setembro para participar nas distintas conferencias e mesas redondas programadas para afondar na historia local do municipio difundindo o seu coñecemento entre a cidadanía e garantindo así a súa preservación.
Entre os relatores desta oitava edición figuran historiadores como Manuel Gago, impulsor tamén das xornadas, ou o filólogo Xosé Antonio López Silva quen analizará a pegada de Otero Pedrayo no Barbanza, nun ano tamén especial para o escritor ourensán.
A esta charla seguiralle outra da arqueóloga Lupe Castro que exporá os resultados da primeira campaña realizada no Castro da Croa de Posmarcos mentres que o xornalista José Vicente García Santamaría relatará a experiencia de mariñeiros republicanos galegos nos campos de concentracións soviéticos.
As xornadas rematará o domingo cunha saída polo litoral do Xobre prevista para as dez da mañá dende a alameda. Os interesados deberán reservar praza na biblioteca municipal.











