RIBEIRA> O Museo do Gravado de Artes acollía esta pasada fin de semana o acto de entrega da 17 edición dos Premios Atlante do Gravado.
Este ano ó certame presentáronse un total de 203 obras de 139 artistas procedentes de 13 países, entre eles, Macedonia, Tailandia, Turquía, Ucraína ou Polonia.
O xurado decidiu outorgar o galardón principal, o Ramiro Garregal Rey, ó artista italiano Fabio Riaudo.
Outros dos premios máis importantes, o Premio Galicia, recaeu no pontevedrés Manuel Lareo, e o Premio Atlante a menores de 25 anos foi parar a Kawintra Sitthichai, natural de Tailandia.
Tamén foron premiados o italiano Vittorio Venturoli, a polaca Anna Trojanoska e as madrileñas Marina Luchetti e María Pastor.
Ademais, concedéronse cinco mencións de honra a Teresa Gómez, de Barcelona; Ovidiu Petca, de Romanía; Claudio Lorenzo, de México; Valle Baranda, de Asturias e a José María Martínez, de Cádiz.
No acto de entrega tomaron parte ademais dos membros da propia Fundación, representantes dos concellos da zona, así como tamén do tecido cultural e social.
Tamén asisitiu o conselleiro de Cultura. José López Campos, quen destacou a repercursión a nivel internacional do certame.











