MEIS> O concello de Meis asume a organización do Jazz na Armenteira. O colectivo que ata o de agora impulsaba esta iniciativa deu un paso atrás, pero no municipio non queren que desapareza este evento. Nesta ocasión, o concello traerá ata A Armenteira a ‘Allo negro’, que ofrecerá un concerto o vindeiro 18 de xullo.
A Armenteira non perderá neste 2026 a oportunidade de gozar da música jazz. Pero será nun formato diferente. O colectivo que se encargaba de organizar o festival Jazz na Armenteira deu un paso atrás. Para que o seu legado non se perda, o concello de Meis encargarase este ano de ofrecer unha Noite de Jazz.
O concello ofrecerá na noite do 18 de xullo un único concerto. Será da man de ‘Allo negro’.
A súa proposta céntrase no blues, con temas propios e en galego con chiscadelas aos anos 50 e 60. A súa actuación na Armenteira terá lugar logo de seren recoñecidos nos premios Martín Códax da Música.









