Un mozo de 27 anos morto e un de 22 ferido grave nun accidente

    accidente_copy100.jpgCATOIRA>  Este foi o resultado do accidente que se produciu esta madrugada. O automóbil no que viaxaban saíuse da estrada e chocou cun camión que estaba aparcado. Todo apunta ó exceso de velocidade como a causa principal.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    O accidente produciuse no quilómetro 11.800 da estrada que une Pontecesures con Vilagarcía. Ó redor da unha e media da madrugada, un vehículo marca Peugeot saíase da estrada á altura dunha curva, colisionaba frontalmente cun desnivel de terra e despois cun camión dun traballador das obras do AVE, estacionado á marxe da vía.

    A propietaria do restaurante fronte o que se produciu o sinistro foi a que chamou ó servizo de emerxencia. Ata o lugar do accidente desprazáronse os bombeiros, tres ambulancias medicalizadas, equipos de protección civil e a Garda Civil de Tráfico. A perda de control do coche polo exceso de velocidade ó tomar a curva, sinálase como a principal causa do tráxico suceso. “

    Os traballos para liberar ó condutor, un veciño de Padrón de 27 anos, duraron preto de 50 minutos. A pesares de que conseguiron retiralo con vida dos restos do vehículo, o mozo morría de camiño á ambulancia.

    O acompañante, un rapaz de Ames de 22 anos, resultou ferido de gravidade e foi trasladado ó hospital do Salnés, onde continúa ingresado na planta de cirurxía. Fontes hospitalarias aseguran que non se teme pola súa vida.

    Redacción Salnés