Noia será novamente cita de referencia para os amantes da arpa

NOIA> O claustro do Concello foi o lugar elixido para a presentación da décimo terceira edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia.

A cita celebrarase do 29 de xullo ó1 de agosto. A xornada inaugural contará coa actuación da Real Filharmonía de Galicia que estreará a peza ‘Alén do azul’, do compositor coruñés Teo Montero, obra gañadora do Premio Portus Apostoli 2025.

O Festival  consolídase un ano máis coma unha das citas imprescindibles do verán.  Serán dez concertos, todos eles de balde, con artistas de renome de talla internacional.

Dende o Concello destacaron a importancia desta cita.

O Festival conta tamén co apoio, ademais do Concello, da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e do proxecto Concertos do Xacobeo.

Como en anos anteriores, tódolos concertos celebraranse en diversos espazos que inclúen dende o Teatro Coliseo Noela e o Liceo de Noia ata marcos históricos como a igrexa de Santa María A Nova, a de San Francisco ou mesmo a Praza do Tapal.