Rouban en tres tendas de Vilagarcía a plena luz do día

    ZAPATERIA_YOSU copy.jpg VILAGARCÍA> A 5.000 euros ascende a cantidade que roubaron na Zapatería Yosu. Nos tres casos as denuncias xa están interpostas.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Un dos establecementos nos que roubaron foi a zapatería Yosu de Vilagarcía. A súa propietaria conta que entraron ó mediodía cando a tenda permanecía pechada, quitaron as cerraduras e accederon á tenda sen levantar sospeita a plena luz do día. Roubáronlle os cartos da caixa e varias prendas de roupa.

    As outras dúas incidencias tamén se produciron ó mediodía. No establecemento da cadea Pórtico o fixeron da mesma maneira pero só se levaron a recadación da mañá. Na tenda Mercafrutas forzaron a cerradura pero non chegaron a entrar. Ante esta situación, Alicia Rodríguez considera que foron as mesmas persoas e que se trata de profesionais.

    A propietaria de Yosu lamenta que non é a primeira vez que lle entran no establecemento no que vai de verán. Por iso, recomenda ós comerciantes de Vilagarcía que recollan a recadación da mañá tódolos días. Nos tres casos xa están interpostas as denuncias correspondentes. Agora agardan atopar ós responsables dos roubos.

    Redacción Salnés