Máis de 500 atletas no X Tríatlon Concello de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O domingo terá lugar en Vilagarcía o X Tríatlon Concello de Vilagarcía. Dentro das diferentes modalidades, o torneo inclúe o campionato galego de tríatlon contra reloxo. Polo de agora xa hai inscritos 500 atletas.

O Tríatlon Concello de Vilagarcía non deixa de crecer. Ademais de organizar por terceiro ano consecutivo o campionato galego contra reloxo, nesta décima edición vólvese bater o récord de participación e xa están inscritos 500 atletas, divididos en 84 equipos. O torneo tamén disputará as categorías escolar e open.

A proba comezará o domingo ás 10 coa competición escolar e a continuación será a quenda da open, pechando o campionato galego de contra reloxo. A zona central da competición será o peirao de pasaxeiros da vila que é onde se disputará a natación e terán lugar as transicións que darán paso ó ciclismo e á carreira a pé.

Os grandes favoritos tanto en modalidade masculina como feminina son os equipos do Arcade Inforhouse Santiago que defenden o título.

O campionato reparte 600 euros entre os primeiros clasificados de cada categoría. Para garantir a organización, case 100 persoas velarán pola seguridade.