Arranca a campaña antigripal en Galicia

    vacina_gripe100.jpgVILAGARCÍA> A Consellería de Sanidade iniciou hoxe a campaña de vacinación contra a gripe.

    {flowplayer}images/salnes/comeza_vacinacion_gripe_2011.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Consellería de Sanidade iniciou hoxe a campaña de vacinación contra a gripe.

     Unha campaña orientada a maiores de 60 anos, e a grupos de risco, como enfermos crónicos cardiovasculares, con diabetes, inmunodeficiencias, problemas renais ou hepáticos, obesidade mórbida, ou embarazadas. E pensando neles tamén se recomenda vacinar a traballadores de centros sanitarios e sociais.

    Nesta campaña repartirase un total de 610 mil doses, das que 580.000 serán gripais e 30.000 antineumocócicas.

    No ambulatorio de San Roque, en Vilagarcía, tiveron traballo abondo nesta primeira xornada. Como adoita pasar en tódalas campañas antigripais, os usuarios acoden masivamente o primeiro día, e iso que teñen ata sete semanas para vacinarse. A campaña antigripal dura ata o 19 de novembro.

    Redacción Salnés