O PP de Meaño denuncia a agresión ó edil Ramón Tilve

MEAÑO> Unha discusión polo aparcadoiro da praza de Meaño parece ser o motivo que levou a un veciño a agredir ó edil Ramón Tilve. O candidato local do PP condenou os acontecementos e espera que volva a reinar o sentido común na vila.

O Partido Popular de Meaño denunciou que o pasado xoves un veciño agrediu ó edil Ramón Tilve. Segundo Carlos Vietes, a falta de aparcadoiros da praza de abastos de Mercadena foi o motivo polo que o home atacou ó tenente alcalde da vila. O candidato local do PP condenou esta actuación.

O goberno local emitiu un comunicado oficial xunto co PSOE condenando esta agresión. Pola súa parte, Independentes por Meaño publicou unha nota de xeito unilateral. Pero Carlos Vietes considera que alguén está detrás destes feitos.

O candidato a alcaldía de Meaño informou que o seu compañeiro xa está moito mellor e que non teñen medo a que isto volva a ocorrer.

Carlos Vietes tamén lamentou que Moaña saia nos medios por actos violentos.