A ausencia de incidentes caracterizou a folga no Barbanza e Noia

    seguementofolgabarbanza.jpgBARBANZA/NOIA> Nestas dúas comarcas o seguemento da folga en sectores como a conserva, a metalurxia ou a construción foi practicamente xeralizado.

    {flowplayer}barbanza/seguementofolgabarbanza.flv{/flowplayer}

    Dende primeira da mañá a presenza de piquetes disuadiu a moitos empresarios de abrir os seus negocios. De xeito pacífico, os sindicalistas facían unha chamada a secundar este paro; chamada que en ocasións non chegou a surtir efecto.

    As principais empresas da comarca do Barbanza, especialmente no sector conserveiro, secundaron esta folga de xeito maioritario. En Ribeira, o polígono de Xarás apenas rexistraba actividade.

    Unha situación semellante viviase en Boiro. Boa parte das empresas asentadas no polígono de Espiñeira permaneceron pechadas e a factoría de Jealsa, no Bodión, veu reducido notablemente o número de traballadores.

    Aínda así, a primeira hora da mañá rexistráronse pequenos incidentes coa queima de neumáticos por parte dos piquetes que pretendían deste xeito chamar a atención dos traballadores.

    Redacción Barbanza