OUTES> Esta semana o Concello puxo en marcha unha nova aula na escola infantil municipal, emprazada na sede do antigo CEIP Emilio de Navasqües, en Cruceiro de Roo.
Aumenta así ata 41 o número de prazas dispoñibles, dando resposta a tódalas solicitudes existentes.
Trátase dun servizo do que no Concello se senten moi orgullosos, realizado fundamentalmente con recursos propios, de cara a mellorar a conciliación no municipio.
Precisamente dende o goberno outense insistiron no escaso apoio e financiamento por parte da Xunta polo servizo da escola infantil, xa que a maior carga dos gastos que xera está a ser asumida polo Concello











