Pobra despide o verán ca tradicional romaría da Nosa Señora da Mercé

    Mañá mércores, 24 de setembro, celebrarase a tradicional romaría da Nosa Señora da Mercé na parroquia pobrense de San Isidoro de Postmarcos. Esta mañá o edil de Festexos, Andrés Millán, acompañado de varios membros da comisión de festas e do cura-párroco desta parroquia, Marcelino Sánchez, presentaron o programa de actividades que se desenvolverán ó longo de todo o día, e que se prolongarán ademais este ano á xornada do sábado e do domingo.

    Se o tempo acompaña e parece que si, centos de devotos acudirán na xornada de mañá mércores ata a capela da Mercé na parroquia de San Isidoro de Postmarcos, onde se vén celebrando dende hai anos esta tradicional romaría, unha das poucas que aínda se conservan, sendo ademais a última das festas que se celebran neste municipio. O programa festivo para ese día prevé unha oferta do máis variado, no que se mesturan actividades festivas e relixiosas. Haberá misas rezadas ás nove, ás dez e ás once pola mañá e ás seis e as sete pola tarde. Tamén haberá dúas misas solemnes, unha pola mañá ás doce e media, que será cantada polo coro parroquial e outra pola tarde, ás oito, que estará presidida polo párroco de Coristanco, Manuel Mayo, e será cantada polo coro Lauda Sion. Ó longo do día tampouco faltará a música e a danza tradicional e pola noite, os asistentes poderán desfrutar dunha gran verbena que estará amenizada polo trío Branca Doble e o dúo Charada. As festas este ano terán ademais continuidade o sábado e o domingo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/presentacionromariamerce2309141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/presentacionromariamerce230914.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí