A zona deportiva de Raquel Fernández Soler contará cunha pista de skate

    POBRA> O concello da Pobra acometerá o acondicionamento do recinto deportivo de Raquel Fernández Soler. A actuación, orzamentada en preto de sesenta mil euros, contempla tamén a construción dunha pista de skate, moi demandada pola mocidade. Dentro do plan de acondicionamento das zonas deportivas e de lecer, o concello da Pobra acometerá a próxima actuación nas pistas de Raquel Fernández Soler. O proxecto, que se debaterá no pleno desta semana, contempla unha remodelación integral coa substitución do céspede artificial, a reposición de porterías e canastras en mal estado, instalación de luminarias e mobiliario urbano. Procederase ademais ó pechado do recinto para evitar os usos indebidos do mesmo. A intención do executivo é construír tamén unha pista de skate na zona atendendo así a crecente demanda dos mozos que practican este deporte.

    Comments are closed.