A mellora dos bombeos de Esteiro e Subuqueiro iniciarase a mediados de xuño

    BOIRO> Técnicos de Augas de Galicia e responsables da empresa Proyecon, que executará a actuación, procederon á realización da correspondente acta de replanteo que posibilitará o inicio das obras de mellora dos bombeos de Esteiro e Subuqueiro. A obra, presupostada en setencentos vinte mil euros será sufragada na súa totalidade pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Trátase dunha obra moi demandada polo executivo local que permitirá mellorar a capacidade de tratamento das estación dos dous puntos de bombeo para que funcionen a pleno rendemento, na liña da consecución do tan ansiado saneamento integral do municipio. Os traballos terán un prazo de execución de seis meses e está previsto que comecen a mediados de xuño.