‘Os orzamentos da Xunta para 2011 son vergoñentos’

    BNG_ORZAMENTOS copia.jpgVILAGARCÍA> O deputado do BNG Bieito Lobeira asegura que as novas contas supoñen o maior recorte en gasto social da historia da comunidade.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_BNG_ORZAMENTOS.flv{/flowplayer} 

    Segundo a formación nacionalista, as contas para o 2011 converten en papel mollado as promesas realizadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para impulsar a comarca. Non haberá por exemplo, Centro de Día en Meis, pero tampouco investimentos nos principais sectores produtivos do Salnés.

    Desde o BNG comarcal poñen tamén en entredito o futuro das obras no Hospital do Salnés. Se onte a deputada popular marta Rodríguez insistía en que os 300 mil euros contemplados nos orzamentos se suman á partida dun millóns 187 mil asignados este ano, o voceiro nacionalista na comarca critica que se siga debatendo o plan director sen que se vexan resultados. O voceiro do BNG comarcal, Xoán Antonio Allegue asegura que se porán a traballar de contado para preparar as enmendas parciais ós orzamentos e poder darlle así a volta ás contas autonómicas para o 2011.

    Redacción Salnés